Xornadas “Muller e Participación Cidadá e Empoderamiento Feminino”

A FAVEC (Federación de Asociación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao) organizou as xornadas “Muller e Participación Cidadá e Empoderamiento Feminino”

14681079_884051991727132_6681434973418280955_o

O longo da tarde do pasado 14 de outubro tiveron lugar as charlas das xornadas cuxa se realizou o día anterior. Coas relatoras expertas en xénero Teresa García, técnico en relacións laborais e Cora R. Jaso, socióloga, levou a un dos barrios máis obreiros de Vigo, Coia, o debate sobre o feminismo.

A intervención de Teresa versou sobre a evolución normativa do dereito que, a través da Unión Europea, introduciu no estado español as primeiras modificacións que permitiron avanzar algúns pasos no terreo da igualdade laboral. Como recalcou durante a súa intervención falta moito camiño por percorrer e actualmente producíronse algúns retrocesos e atrasos na implantación da normativa comunitaria que, na teoría, si supuxo un gran avance. Todo iso enmarcado nas definicións do que é o movemento feminista fronte a unha sociedade aínda moi machista.
Cora salientou esas relacións sociais que van máis aló do ámbito laboral, chegando ao fogar. A diferenza de sexos non ten porque supoñer unha diferenza de dereitos e está en mans de todas e todos avanzar nun terreo no que non hai tanto tempo -tan só unhas décadas- moitas mulleres sufriron persecución por defender algo que hoxe asumimos, polo menos na teoría, como normal: a igualdade. Outra cousa é a práctica e tamén a aplicación práctica de leis e costumes.
Ambas lembraron que noutros estados aínda se viven situacións de total sometemento, onde o patriarcado reina ata o punto de prohibir ás mulleres conducir ou andar en bicicleta en pleno século XXI. Como de escribe a historia, contada dunha forma machista -poucas mulleres soadas cóntanse en comparación con reis-, e mesmo a ficción que asigna roles -o príncipe forte e a princesa fermosa que é rescatada por el- forman parte dun cambio necesario para lograr unha sociedade que será máis xusta.
As e os asistentes tomaron a palabra en numerosas ocasións, dialogando con Teresa e con Cora, debatendo sobre cuestións como a importancia da educación en igualdade de xénero, e xerando un debate enriquecedor no salón da Asociación de Veciños Cristo da Vitoria.
O broche final púxoo a actuación en directo da Coral da Pastora con temas tradicionais vascos, galegos e algún bolero. Tras ela a presidenta da FAVEC, María Pérez, agradeceu a asistencia do público e de quen fixo posibles estas xornadas, reclamando ao Concello de Vigo que destine máis fondos á participación veciñal. Algo no que coincidiu  Verísimo Pazos, presidente de Cogave, confederación que reúne a 400 asociacións de veciños de toda Galicia e que animou a “meterlle cana ao goberno municipal estea quen estea gobernando”, posto que a “unión dos veciños fai a forza”. Efectivamente, os recortes obrigaron mesmo a que a repostería coa que convidaron tivese que ser elaborada de forma artesanal por persoas voluntarias.
+FOTOS   Ernesto Ilkermn
Categorías
Xéneros e Sexualidades
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS