[Vídeo] Milleiros de peixes mortos na contorna da illa de Toralla

Nas imaxes pódese apreciar como unha enorme cantidade de cabalón (da familia dos escómbridos e moi parecido á xarda) espárexese polo leito areoso, o que vén de provocar a polémica.

Para que alguien tome cartas sobre el asunto

Posted by Manuel E. Garci on Wednesday, August 30, 2017

O investigador e mergullador galego Manuel E. Garci vén de publicar un vídeo na rede social Facebook no que milleiros de peixes aparecen mortos no fondo mariño da contorna da illa de Toralla, na ría de Vigo. Nas imaxes pódese apreciar como unha enorme cantidade de cabalón (da familia dos escómbridos e moi parecido á xarda) espárexese polo leito areoso, o que vén de provocar a polémica.

Un mergullador e biólogo vigués atopou milleiros de cabalóns mortos no fondo da illa de Toralla

“Estamos seguros de que a súa morte non foi por motivos naturais”, subliña o mergullador vigués, que se atopaba facendo submarinismo co seu fillo cando atopou a desfeita. O vídeo gravado xa superou as 35.000 visitas no Facebook en poucas horas e o biólogo xa estuda se presentar denuncia por este achado que, tal e como el mesmo aclara, prexudica o ecosistema da zona.

“Seguramente o valor do que alí había non lle cundía ao pescador e por iso o tirou”

Os motivos desta situación non se coñecen aínda pero todo indica que pode deberse a un masivo abandono de capturas por parte dun barco pesqueiro que tería abandonado a carga polo escaso valor comercial das súas capturas. “Non é un tema de contaminación porque esa zona ten unha calidade importante nas súas augas”, asegrourou Manuel E. Garci á Televisión de Galicia (TVG). “Seguramente o valor do que alí había non lle cundía ao pescador e por iso o tirou”, engade o biólogo, que explica as consecuencias que para ese importante ecosistema poden ter esa cantidade de peixes mortos no leito mariño. “Hai unha demanda moi importante de osíxeno porque as bacterias que degradan eses cabalóns precisan moito osíxeno para logralo”, remata.

 

praza.gal

Categorías
Ecoloxía

RELACIONADAS