Veciños de Oleiros cortarán os sabados a Nacional VI

Decidírono en asemblea para reclamar medidas de seguridade viaria

Veciños de Oleiros decidiron este fin de semana ir ás mobilizacións para denunciar a inseguridade viaria da Nacional VI ao seu paso por Perillo. Nunha asemblea celebrada o sábado, acordaron cortar o tráfico nesta vía desde o día 26, a de maior intensidade de tráfico de Galicia, un sábado ao mes durante tres minutos.

Na asemblea na que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informou sobre as recentes conversacións mantidas con representantes da Demarcación de Estradas, os asistentes mostraron a súa indignación polo estado da Nacional VI e reclamaron solucións urxentes.

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS