Veciñas de Lugo reclaman a mellora dos servizos ferroviarios na provincia

Veciñas/os de Lugo participaron este sábado na concentración na Praza Conde de Fontao, que promove a plataforma “Lugo, non perdas o tren”

Veciñas/os de Lugo participaron este sábado na concentración na Praza Conde de Fontao, que promove a plataforma “Lugo, non perdas o tren”, para reivindicar melloras nas infraestruturas ferroviarias na provincia de Lugo, e ao mesmo tempo, para evidenciar as carencias desta infraestrutura con respecto a outras Comunidades.

Esta plataforma está integrada, entre outros colectivos, pola Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, a Confederación de Empresarios (CEL), o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, xunto cos principais sindicatos e os colexios profesionais.

O colectivo  reclama, a chegada do AVE; a posta de marcha do proxecto intermodal, que xa esta feito; trens por Lugo, dende A Coruña; a eliminación dos pasos a nivel na provincia. Tamén demanda paradas de Media Distancia (MD) en todas as estacións, xunto con horarios adecuados ás necesidades dos usuarios. Outras das solicitudes son prezos adecuados, asequibles e competitivos para todos os usuarios; unha vía férrea a Santiago, ou a recuperación dos servizos de mercancías a Lugo. Por último solicitan servizos por León e a Cataluña e País Vasco, e que non se recorten servizos na fin de semana ou festivos.

Lugo conta coas peores conexións ferroviarias de Galicia
Os colectivos remarcan que a provincia de Lugo conta coas peores conexións ferroviarias da Galiza, xa que segundo os datos que manexan, está entre as catro ou cinco peores do Estado español, xa quedou fóra da rede de alta velocidade, e nos últimos anos non deixou de perder servizos.

Fonte da Noticia: cronica3

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS