Un xuíz ordena desafiuzar a unha veciña da Coruña porque “é o mellor para ela”

Unha concentración de Stop desafiuzamentos denunciou a situación da veciña da Coruña
Concentración na Audiencia Nacional - @mareatlantica

Un xuíz da Coruña ordenou executar un desafiuzamento hipotecario por considerar que é o mellor para a afectada. Ela apelara a unha cláusula declarada abusiva polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea pero, a pesar de que o maxistrado a recoñece, insistiu na conveniencia do despexo da súa casa.

Hoxe o colectivo Stop Desafiuzamentos convocou concentración ás 12 do mediodía ante a Audiencia Provincial onde participaron diferentes organizacións sindicais e políticas entre eles Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña.
 

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS