Un galego entre os indios Pés Negros americanos

O documental do realizador Adrián Vilas sobre os bisontes salvaxes ameazados

Unha viaxe entre dous mundos, o do bisonte americano e o do bisonte europeo. Ambas as dúas son especies ameazadas no seu territorio. O realizador galego Adrián Vilas, residente actualmente en Bristol (UK) e colaborador da BBC, gravou o seu documental ‘Pounding Hooves‘ viaxando ata os derradeiros poboados dos indios Pés Negros americanos.

“Os bisontes loitan para sobrevivir en dúas frontes: América do Norte e Europa”, explica Vilas no tráiler de presentación: “Estes grandes herbívoros poderían devolver o equilibrio aos ecosistemas se lles damos unha oportunidade, pero a falta de diversidade xenética e intereses económicos podería condenalos á extinción”.

O realizador galego retrata na súa obra como a expansión do bisonte ten moitos obstáculos: “Os gandeiros e os agricultores non queren bisontes preto das súas terras debido á ameaza de brucelose, danos á madeira e a competencia pola herba”. Vilas conclúe cunha reflexión: “Con todo, moitos activistas, pobos indíxenas e científicos están a participar na misión de traer esta criatura salvaxe ás nosas vidas. Estamos listos para levar a vida silvestre á nosa fronteira? Estamos listos para dar nova vida o noso mundo?”.

Por     gciencia.com

Aquí podes ver tamén a entrevista de GCiencia con Adrián Vilas:

“Non hai animais bos nin malos: é perigoso humanizalos”

“Non hai animais bos nin malos: é perigoso humanizalos”

Categorías
Cultura

RELACIONADAS