Un dos castros máis antigos e importantes da Galiza rematou debaixo das escavadoras

Foi un dos máis antigos de Galicia, datado no século IX a.C., e, probablemente, un dos máis estudados.

Houbo unha vez na Coruña un castro  que hoxe ben podería ser un símbolo deste país. Foi un dos máis antigos de Galicia,  datado no século IX a.C., e, probablemente, un dos máis estudados. E, aínda que o que se atopou nel deixou abraiado ao equipo arqueolóxico que o estudou polos grandes achádegos que se fixeron, o certo é que, del non queda xa nada. Nin unha miserenta pedra.

Este impresionante sitio arqueolóxico estaba na Punta dos Muros, un pequeno saínte dentro da Punta Langosteira.e os achados atopados apuntan a que podería ser unha factoría fortificada da metalurxia do bronce. ¿E que facía un castro especializado en metalurxia en épocas tan temperás en Galicia?.

Historia completa na web Historia de Galicia.

GD

Categorías
CulturaEcoloxía

RELACIONADAS