UN CENTRO DE MENORES DE VIGO NO PUNTO DE MIRA POR SUPOSTOS MALOS TRATOS

A Fiscalía de Menores de Vigo está a investigar o contido dun vídeo no que seis nenos de entre sete e 15 anos denuncian insultos, vexacións e golpes no centro relixioso no que están en acollida.
Cativo xogando nunha praza

A investigación abriuse por mor da denuncia presentada polo pai de dous deses nenos, que perdeu a custodia fai máis de tres anos anos e desde entón peregrinou por varias administracións cuestionando o mal trato que reciben os seus fillos.

Nesta ocasión, remitiu a súa denuncia directamente á Fiscalía Xeral do Estado, aínda que se remitiu de novo a Vigo, e achegou un vídeo gravado nunha sesión de terapia cun psicólogo no que están os seus fillos e outros menores da Fundación Casa de Caridade de Vigo-Fogar de San José, un centro de menores tutelados pola Xunta de Galicia dirixido por unha orde relixiosa.

Os menores que aparecen no vídeo relatan ao psicólogo situacións que viviron persoalmente e outras que afectan a outros compañeiros do centro, no que hai unha trintena de nenos. Relatan escenas de gran dureza coas que, segundo denuncian, castíganlles as monxas e que inclúen vexacións e humillaciones en distintas estancias do centro, entre elas, un “cuarto do saco” sen luz no que lles deixan encerrados durante horas.

O vídeo que está a investigar xa a Fiscalía e tamén a propia Xunta de Galicia inclúe descricións moi explícitas dos menores sobre situacións que se remontan xa a varios anos atrás. “Acórdome que dicían ‘cala’ e xxx (o nome do neno preservarase) non calaba e poñíanlle o trapo na boca para que calase. Eestaba co trapo na boca e atado, coma se estivese secuestrado“, relatan.

O neno ao que se refiren estaba atado á cadeira cunha “corda longa”, pero, ademais, relatan como aos “nenos que se portan mal” lles “tuercen os brazos” e “póñenlles contra o chan” e “póñenlles os pés encima”. Situacións que reflicten supostos malos tratos e vexacións e que, segundo aseguran tamén no propio vídeo, proceden dos “educadores e as monxas”.

A Fiscalía analiza o vídeo, pero tamén practicará máis dilixencias encamiñadas a determinar a credibilidade da denuncia presentada e do vídeo achegado como proba. Sobre a verosimilitud do relato dos veciños, o propio psicólogo que dirixe a sesión conclúe que o testemuño “ten credibilidade” pola linguaxe que utilizan, “a coincidencia en termos de adultos e de emoción” e os conceptos aos que se refiren.

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS