Un bar de Vigo gánalle a batalla a SGAE


A SGAE perde unha demanda contra o propietario dun bar de Vigo ao que lle reclamaba un 1.200 euros polos dereitos de autor das sintonías de dous programas de televisión.
bar-manolo-2

Bar Manolo, Imaxe: Google maps

A demanda está formulada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores, a SGAE, e outras dúas entidades que xestionan o patrimonio intelectual. Reclamábanlle ao dono do bar Manolo, sito na rúa zamora de Vigo, 1.200 euros polos dereitos de autor de varias sintonías de programas de televisión ao longo de cinco anos con efectos retroactivos. Falou cun avogado e, aínda que non tiña moitas esperanzas de gañar, nin siquera tentou chegar a un acordo.

O xulgado invalidou as actas da inspectora da SGAE por falta de rigor.

 

Categorías
Acontece

RELACIONADAS