Traballadoras/es de Unipost mobilizaranse de novo en compostela

A CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade...

A CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.

O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!

CGT de Unipost-Galicia

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS