Sicixia entre os cinco filmes máis vistos nas salas galegas

A obra dirixida por Ignacio Vilar foi estreada o último venres, 25 de novembro.

A longametraxe “Sicixia, paseo polo amor e a Costa da Morte” (producida por Vía Láctea Filmes e TVG), logrou posicionarse a pasada fin de semana no Top 5 dos filmes máis vistos nas salas galegas.

Segundo datos de Rentrak Spain recompilados por Vía Láctea, a longametraxe galega protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado (Premio Mellor Actriz, XXI Cinespaña de Toulouse) Sicixia non só se sitúa entre os 5 filmes máis vistos da carteleira na meirande parte das salas galegas senón que ocupa mesmo o primeiro posto en cinemas coma Númax (Santiago de Compostela), Compostela (Santiago de Compostela), Bergantiños (Carballo), Xunqueira (Cee), Dúplex (Ferrol), Seixo (Marín) e ocupa o segundo e terceiro posto respectivamente nos cines Norte (Vigo) e Os Cantóns (A Coruña).

Vía Láctea espera manter a asistencia do público para asegurarse a permanencia nas vindeiras semanas nas salas, cando se produce unha maior afluencia de espectadores aos cines.

galiciaconfidencial.com

Categorías
Cultura

RELACIONADAS