Sentenza do Caso Noos: VERGOÑA

Unha sentenza ridídula para Urdangarín. Para a filla e irmá de reis, absolución: licenza para roubar.

A Coruña, 17 de febreiro de 2017. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) da Coruña condena e rexeita totalmente a sentenza absolutoria para a filla e irmá de reis, a cidadá Cristina de Borbón, quen resultou absolta no xuízo do Caso Noos. Tamén resulta ridícula a pena imposta ao seu marido, o xenro e cuñado de reis Iñaki Urdangarín, quen foi condeado á pena de 6 anos e 3 meses de cárcere.

Penas que contrastan coa decencia máis primaria na xustiza.

Penas indecentes, xa que logo, para persoeiros que resultan ser indecentemente protexidos pola xustiza, sempre ao servizo dos de sempre.
Penas que indican que a monarquía é unha institución enteiramente chea de corrupción.

Para que isto non se volva a producir só hai unha solución: que os reis, as súas familias e os seus amigos sexan xulgados no caso de presuntos delictos da mesma maneira que o resto da cidadanía.

Para que isto non se volva a producir é necesaria a inmediata disolución da monarquía como forma de goberno inxusto, anacrónico e profundamente antidemocrático, como demostra a recente sentenza do xuízo do Caso Nóos. Porque non lles chega ás elites da monarquía con ser impostas por un dictador como Franco, se non, cando rouban dos fondos públicos, aínda son protexidos benévolamente pola xustiza deste país.

Para que isto non se volva a producir, hai que decir que hoxe demóstrase que a xustiza non é igual para todos. Todo depende do apelido que leves. Se o teu apelido é Borbón, terás licenza para roubar.

Categorías
Política

RELACIONADAS