Saiamos á Rúa! A Pobreza Enerxética Mata!

A mobilización, convocada en Vigo pola plataforma Stop Desafiuzamentos co apoio de distintas organizacións sindicais...

A mobilización, convocada pola plataforma Stop Desafiuzamentos co apoio de distintas organizacións sindicais, políticas e sociais, sairá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará no Marco coa lectura dun manifesto por parte do xornalista e escritor Gustavo Luca de Tena.

Entre as principais reclamacións dos colectivos promotores da marcha salientan a prohibición legal de todos os cortes de suministros básicos a familias con problemas económicos; a fin aos abusos tarifarios; a creación dunha auténtica tarifa social; o recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3500 millóns de euros cobrados indebidamente; a realización dunha auditoría do sistema eléctrico; e a aplicación do tipo de IVE superreducido aos suministros básicos.

Ademais, coincidindo coa protesta solicitan a solidariedade da veciñanza e dos comerciantes cos centos de persoas e familias que están sufrir a pobreza enerxética. Para iso, instan a apagar as luces dos establecementos e dos fogares entre as 20.15 e as 20.30 horas deste mércores.

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS