Retirada a denuncia contra Diego Lores “A solidariedade vence á represión”

O xuízo previsto para mañá pola mañá xa non se celebrará. Desde onte centos de veciños participan nun peche e diversas actividades solidarias pola absolución de Diego.

Non haberá xuízo a Diego Lores. O policía que denunciara ao activista por un presunto atentado contra a autoridade retirou a demanda.

A noticia chega  en plena campaña de actividades incluindo un peche solidario na parroquia Cristo da Victoria da Coia Asemblea Aberta de Coia co obxetivo da retirada da denuncia contra Lores. Centos de persoas arrouparón o activista de dereitos sociais nestas derradeiras horas.

“Estamos moi satisfeitas, porque esta é a forma de responder á represión”, destaca Lores. “Estamos, ademais, moi agradecidas polos agarimos e a solidariedade que recibimos dende todos os puntos do Estado. Esa resposta de tanta xente pendente de nós, coidando de nós, permitiu tumbar toda esta historia”, engade. Lores subliñaba igualmente a importancia deste triunfo para as loitas dos movementos sociais: “As vitorias son importantes. A xente que nos últimos anos nos vimos organizando na parroquia sempre destacamos a importancia de ter vitorias concretas, coma a que conseguiramos no Parque da Bouza”. “Ese lema de ‘quérennos soas e terannos en común’ que sempre empregamos cristalizou na xornada de onte, nesa rolda de prensa que para min é a imaxe que mellor define todo este proceso”, engade.

A repercusión dos últimos actos solidarios e a celebración do cancelado xuízo estaba a ser moi elevada principalmente grazas a medios de prensa “alternativos” do país. Milleiros de persoas de todo o estado  apoiaron a Diego a traves das redes sociais, mesmo Jesús Cintora apoiou a Diego desde a súa conta de facebook:

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS