Primeiro festival de títeres tradicionais en Teo

Titiriberia desenvólvese entre o 7 e o 9 de decembro vindeiros

O Concello de Teo acollía onte a presentación de Titiriberia, o primeiro festival do Estado centrado nos títeres tradicionais, que se desenvolverá neste concello entre o 7 e o 9 de decembro. O proxecto, que organiza a Asociación Morreu o Demo con colaboración do Concello e da Deputación da Coruña pretende dara coñecer o patrimonio común da familia de títeres tradicionais que existe por toda Europa desde, cando menos, o século XVI. No programa, dez funcións, sete montaxes diferentes, unha proxección, conferencias, mesas redondas, obradoiros e unha exposicións sobre Barriga Verde, principal representante desta tradición no noso país.

cartaz_titiriberia_peq

Entre os convidados, destacan a compañía catalá Titelles Vergés, que representará Pinocho e Perico sen medo, o historiador Adolfo Ayuso, considerado principal especialista sobre títeres a nivel estatal, a compañía portuguesa Red Cloud ou Títeres desde Abajo, grupo coñecido logo de ter sido encausado pola Audiencia Nacional por apoloxía do terrorismo, precisamente ao pór en escena unha adaptación da obra tradicional Don Cristóbal. Canda a eles a compañía galega Alakrán levará a escena Barriga Verde ataca de novo e Títeres Viravolta presentará Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón.

Segundo explicou Anxo García, presidente de Morreu o Demo na presentación do programa, Titiriberia supón “un paso importante no proceso de recuperar, coñecer e actualizar estes títeres”, e nesa liña o programa inclúe, na tarde o día 8, a mesa redonda “A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais?” para debater os problemas e as posibilidades de manter e transmitir este patrimonio.

TITIRIBERIA. Olladas sobre os cristovos

culturagalega.gal

 

Categorías
Cultura

RELACIONADAS