Pontevedra aposta polo turismo de autocaravanas

O estacionamento de autocaravanas disporá de 20 prazas con dúas de servizos con auga potábel e saneamento. A superficie para esta función é de 1.052 metros cadrados.
Imaxe: Pixabay

Anabel Gulías lembrou que esta iniciativa “abre a porta a un novo tipo de turismo que interesa pola cantidade de recursos que deixarán na nosa cidade, a un sector que estaba desatendido”.

A obra está sendo executada pola empresa Covsa que foi a gañadora do concurso público cunha oferta económica de 188.440 euros (a licitación era de 209.385,39 euros), e ten que facer dous pasos elevados nas entrada e saída ao novo estacionamento.

O estacionamento de autocaravanas disporá de 20 prazas con dúas de servizos con auga potábel e saneamento. A superficie para esta función é de 1.052 metros cadrados.

Ademais, acondicionarase unha superficie de 1.870 metros cadrados para estacionamento de balde en superficie, na que se poderán crear arredor de 66 prazas de aparcamento.

As dúas áreas estarán separadas por unha ringleira de árbores para intentar evitar que os vehículos estacionen na área de autocaravanas. Ademais a Concellería de Promoción da Cidade xunto coa Policía Local está a elaborar un protocolo de uso de ta xeito que as autocaravanas e campers poderán está un máximo de 72 horas ao mes “para que sexa unha área de estacionamento e non se converta nun asentamento permanente”.

Categorías
Política

RELACIONADAS