Palestra de Carlos Taibo en Vigo: “Colapso. Capitalismo Terminal, transición ecosocial e ecofascismo”

Dentro do ciclo de charlas coas que a cooperativa Árbore está a celebrar os 15 anos de andaina, contarán coa presenza de Carlos Taibo para presentar o seu último...

Dentro do ciclo de charlas coas que a cooperativa Árbore está a celebrar os 15 anos de andaina, contarán coa presenza de Carlos Taibo para presentar o seu último libro: Colapso. Capitalismo Terminal, transición ecosocial e ecofascismo. Este libro, editado por La Catarata, afonda nalgún dos cambios sustanciais e irreversibles que estamos a vivir.

Agardámosvos para compartir o que promete ser unha presentación interesante e, como el é, sempre pedagóxica.

Será o mércores, 23 de novembro a partires das 19:30 nos locais da cooperativa na rúa López Mora, 30, baixo – Vigo.

odscoia

Categorías
Cultura

RELACIONADAS