Ourense en Común e En Marea únense en defensa da Praza de Abastos nº2 da Ponte

Miguel Doval e Martiño X. Vázquez mantiñan esta mañá unha reunión coas parlamentarias de En Marea pola provincia de Ourense e varias comerciantes do barrio da Ponte, para tratar...

Miguel Doval e Martiño X. Vázquez mantiñan esta mañá unha reunión coas parlamentarias de En Marea pola provincia de Ourense e varias comerciantes do barrio da Ponte, para tratar a parálise que afecta á Praza de Abastos nº2 de Ourense, que xa suma 2 anos pechada despois dunha inversión de 2 millóns de euros.

Recollendo as demandas das comerciantes e da propia veciñanza do barrio, En Marea desde o Parlamento galego, e Ourense en Común desde o Concello, seguirán traballando en defensa da urxente necesidade da posta en funcionamento desta dotación mudando o modelo desde a xestión pública, nunha aposta pola dinamización do comercio de proximidade  e potenciando os produtos de tempada.

declaracións de Anxeles Cuña (En Marea):

Miguel Doval (OUeC):

 

Integración digna do AVE en Ourense

Alexandra Fernández, voceira de En Marea no Congreso dos Deputados, tras a xuntanza de traballo mantida esta mañá con Ourense en Común para tratar a integración digna da Alta Velocidade en Ourense e outros temas en materia de Fomento.

Categorías
Política

RELACIONADAS