Os xoguetes non teñen xénero!

No nadal o capitalismo e o patriarcado aliméntanse mutuamente patrocinando un modelo de consumo desmedido en forma de agasallos que reproducen as irreais diferencias do xénero. Esta espiral ten...

No nadal o capitalismo e o patriarcado aliméntanse mutuamente patrocinando un modelo de consumo desmedido en forma de agasallos que reproducen as irreais diferencias do xénero. Esta espiral ten entre as vítimas principais ás máis cativas.

O bombardeo publicitario con xoguetes é constante nos dous meses anteriores á chegada do Apalpador (ou doutras personaxes que nestas datas nos agasallan), creando cada ano nova necesidades ficticias que repercuten nun consumo desmesurado. Esta publicidade non é unha publicidade neutra dirixida a toda a poboación infantil, se non que se enfoca de diferente xeito segundo se pretenda o éxito do xoguete en cuestión entre os nenos ou as nenas.

 

É habitual que nas grandes superficies os xoguetes estean ordenados en corredores segundo o xénero da usuaria
á que se destina, o mesmo que as páxinas da maior parte dos impresos publicitarios das xogueterías ou dos anuncios da televisión. O rosa omnipresente nos xoguetes das nenas, o azul nos dos nenos, dende os xoguetes para bebés. Esta división de corredores e de páxinas é o reflexo dunha sociedade que espera das súas nenas que sexan coidadoras, que fagan as tarefas do fogar, que se peiteen ou maquillen para estar guapas, e que teñan como soño das súa vidas chegar a princesas por casar cun príncipe. Para os nenos resérvanse os xogos nos que a forza, a agresividade, a competición ou o liderazgo sexan protagonistas, así como os vehículos e os deportes (vetados sempre ás pequenas).

Na pasada fin de semana lamentamos dous feminicidios na nosa terra mais, aínda debemos de sorprendernos cando seguimos a inculcar estes roles ás mais pequenas? Os xoguetes son ferramentas educativas para que as cativas desenrolen a súa personalidade e creatividade, mais estes xoguetes sexistas son un xeito máis de perpetuar o patriarcado. É por iso que desde Isca! denunciamos esta situación, porque se entendemos o xénero como un construto histórico, os xoguetes son un instrumento máis para soster esta construción xa que seguen a reproducir estereotipos patriarcais.

 

iscagz.org

Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS