Orde de expulsión ao activista sen teito Lagarder Danciu

O coñecido activista polos dereitos das persoas sen teito foi detido onte en Málaga mentres protestaba contra un acto institucional polo 6 de decembro
Lagarder protesta recentemente na porta do concello de Vigo, imaxe: Ernesto Ilkermn

O coñecido activista sen teito romanés, protestaba fronte a un acto institucional en conmemoración do 6 de decembro, día da Constitución española, cando foi detido por varios axentes da policía local acusado de atentado e resistencia á autoridade.

Lagarder pasou 27 horas nos calabozos, cun trato por parte dos axentes que el mesmo cualificou de racista desde a súa conta de twitter:

Nada máis saír do calabozo, o activista foi notificado sobre o seu expediente de expulsión do estado, cunha notificación onde lle dan 15 días para abandonar o país.

O pasado 12 de outubro, o activista foi brutalmente agredido por un grupo de neonazis, ante a mirada pasiva da Policía Nacional, a cal, non só non detivo nin identificou a ninguén, senón que a quen levou foi ao activista e non aos agresores.

Tras coñecer a notificación, Lagarder manifestou a súa sorpresa na rede social twitter:

Nada máis saír do calabozo infórmanme a policía de que teño orde de expulsión de España en 15 días. O franquismo máis vivo que nunca…

lahaine.org

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS