O porto da Coruña da luz verde a especulación dos terreos de La Solana

A Autoridade Portuaria da Coruña tensou un pouco máis a corda do conflito xerado pola súa intención de vender a mans privadas o complexo deportivo de La Solana e...

A Autoridade Portuaria da Coruña tensou un pouco máis a corda do conflito xerado pola súa intención de vender a mans privadas o complexo deportivo de La Solana e o Hotel Finisterre (construídos en terreo público), incumprindo o acordo ao que chegou en xuño co Concello para que La Solana pasase a ser de propiedade municipal.

img_20161222_174928_resized_20161223_111009007   img-20161222-wa0015

Concentración convocada este xoves pola Comisión Aberta en Defensa do Común

O Consello de Administración do Porto votou a favor de especular cos terreos da Solana e Hotel Finisterre, e dixo SI Á VENDA DA SOLANA E HOTEL FINISTERRE, co único voto en contra do concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.

Velaquí os seus nomes:

Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria, designado polo PP
Gustavo Ortega Romero, capitán marítimo
Jorge Atán, subdelegado do Goberno na Coruña
Álvaro Mora, representante da Administración Xeral do Estado
Severino Ares, representante da lonxa
Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo (PP)
Luis Felipe Llamas, Cámara de Comercio da Coruña
José Ramón Piñeiro, representante do sindicato UGT
Belén Docampo, delegada da Xunta na Coruña
Mª Isabel Concheiro, secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar
Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Onte, xoves 22 de decembro, ás 17.30 horas, un bo número de veciñas e veciños da Coruña concentráronse diante da sede da Autoridade Portuaria da Coruña, na Avenida da Mariña, coincidindo coa reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, para dicir NON Á VENDA DA SOLANA E HOTEL FINISTERRE e esixir a súa DEVOLUCIÓN GRATUÍTA.

A PRAIA DO PARROTE É NOSA   –  Comisión aberta pola defensa do común

#AcoruñaNonSeVende

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS