O populismo sen límites de Caballero: “El Celta va a ir a la Champions; el Coruña, no”

O alcalde de Vigo enumerou os seus desexos para este 2017 na súa intervención na festa de Fin de Ano que tivo lugar en Praza América.
© Ernesto Ilkermn

O señor Caballero que afeccionouse o uso da palabra “populista” para descualificar á oposición á súa esquerda no Concello de Vigo, non dubida en desexarlle ao Deportivo da Coruña “a non clasificación á champions”.

Queremos entender que alcalde de vigo recorre ao odio contra o Depor simplemente por ter a confianza dos máis fanáticos siareiros da cidade, ou sexa “populismo” en estado puro.

É normal que este home teña o desexo de ver ao celta en champions, pero é imperdoable que un acto público e do concello (pagado polo pobo) o alcalde da cidade faga apoloxía do odio contra outro equipo galego e desexe que outros equipos españois superen ao Deportivo.

A rivalidade entre o Depor e o celta é unha realidade que vivimos de preto calquera persoa nada en Vigo ou na Coruña. Unha rivalidade fermosa e paisonal cando os dous equipos loitan no terreo de xogo, a cal a dado intensos e memorables momentos ás súas aficións. Unha rivalidade que se torna noxenta cando esta convértese en violencia entre os siareiros de ambas cidades.

Aínda que tampouco é de estranar este comportamento escoitando o resto de desexos para 2017 como: “somos la mejor ciudad del mundo” “Vigo, lo vamos a petar” “el Celta jugara la champions y el Coruña no”. Este foi o nivel.

xulguen vostedes mesmos:

Categorías
Política

RELACIONADAS