O persoal dos centros de chamadas secunda a folga de xeito maioritario

Cuarta xornada de folga no sector en demanda dun convenio digno e un salario xusto
Manifestación en Vigo

A cuarta xornada de greve por un convenio digno nos centros de chamadas deste 2016 tivo en Galiza un seguimento maioritario, segundo as estimacións da central nacionalista CIG.

2016-11-28-Vigo-Folgacentroschamadas-13.JPG

Para visibilizar o conflito que vive o sector, as traballadoras e traballadores realizaron mobilizacións en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense (cidades onde se concentran as grandes empresas) para rexeitar as pretensións da patronal de subir un miserento 1% os salarios, así como os recortes en horas médicas e as maiores dificultades para a conciliación. Medidas que, no seu conxunto, precarizan aínda máis as condicións laborais no sector.

2016-11-28-ACorunha-Folgaconveniocentroschamadas-09.jpg

Máis info >>  Un sector á vangarda da mobilización da clase traballadora galega

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS