O Defensor do Pobo admite a trámite a queixa dun xornalista multado pola Lei Mordaza

O xornalista Mikel Sáenz de Buruaga foi multado con 602 euros por "desobediencia ou resistencia á autoridade" tras gravar unha carga policial. A queixa ante o Defensor do Pobo foi realizada pola Plataforma en Defensa da Liberdade de Expresión.
Manifestación contra a Lei Mordaza en_Madrid

A oficina do Defensor do Pobo admitiu a trámite unha queixa da Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI) por unha multa ao xornalista Mikel Sáenz de Buruaga, xornalista da emisora Ala Bedi, en aplicación da Lei de Protección da Seguridade Cidadá, coñecida como ‘Lei Mordaza’.

Segundo o comunicado emitido pola PDLI, a queixa presentouse o pasado 28 de xullo, despois de que o xornalista fose multado con 602 euros por “desobediencia ou resistencia á autoridade” (artigo 36.6) por gravar unha carga policial no barrio de Errekaleor (Vitoria) e a pesar de mostrar a súa acreditación de prensa.

O Defensor do Pobo comunicou este martes que “se procede a a admisión” da queixa, ao entender “que reúne os requisitos establecidos no artigo 54 da Constitución, en relación co que dispón a Lei Orgánica de 6 de abril de 1981, do Defensor do Pobo”.  Xa se iniciaron as actuacións ante o Departamento de Seguridade do Goberno Vasco, segundo consta na carta que fixo pública a PDLI.

“Como vimos denunciando, as multas contra a liberdade de información responden a un patrón: o da súa camuflaxe baixa infraccións xenéricas como ‘desobediencia ou a resistencia á autoridade’ (art. 36.6) ou ‘faltas de respecto e consideración’ a membros das Forzas e Corpos de Seguridade (art.37.4)”, sinalaba a PDLI na súa carta á Oficina do Defensor do Pobo.

 

eldiario.es

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS