O creador Alberto Vázquez regresa a Galiza con dous Goya

Alberto Vázquez regresa a Galiza cos dous Goya aos que aspiraba na edición de 2017: a mellor longametraxe de animación e a mellor director de curta de animación.
Alberto Vázquez - Imaxe: Youtube

O director coruñés Alberto Vázquez trunfou na gala dos Premios Goya 2017 ao se facer cos dous galardóns aos que aspiraba. O seu filme Psiconautas levou o premio á mellor película animada, mentres que Decorado, que xa fora premiada no mellor festival de animación a nivel internacional, o de Annecy, obtivo o recoñecemento á mellor curta de animación.

A outra galega que aspiraba ao Goya era Nelly Reguera, candidata a mellor directora novel por María (y los demás), filme galego-catalán. Obtivo este galardón Raúl Arévalo, con Tarde para la ira. María (y los demás) tamén estaba presente na categoría de mellor actriz pola interpretación de Bárbara Lennie.

O filme Cien años de perdón, coproducido pola produtora coruñesa Vaca Films e coprotagonizado por Luís Tosar, optaba tamén a dúas estatuíñas: actor revelación para Rodrigo de la Serna e mellor guión orixinal para Jorge Guerricaecheverría.

Aliás, Zeltia Montes aspiraba ao aspiraba ao Goya á mellor canción orixinal por Muerte, un tema interpretado por Uxía para Frágil equilibrio. O filme en que participaron as galegas non recibiu o premio á mellor canción orixinal, pero si recolleu o premio a mellor documentario.

A presenza galega completábase co ferrolán Javier Gutiérrez, quen fora nomeado como mellor actor de reparto por El Olivo.

Categorías
Cultura

RELACIONADAS