O colectivo transexual denuncian a falta de medicamentos nas farmacias

Miles de transexuais e intersexuais que completaron a reasignación de sexo quedáronse sen os medicamentos que necesitan para garantir a súa saúde
Día do orgullo LGTB en Vigo, Imaxe: Ernesto Ilkermn

Miles de transexuais e intersexuais que completaron a reasignación de sexo quedáronse sen os medicamentos que necesitan para garantir a súa saúde:

-Meriestra 2 mg de laboratorio Novartis
-Progyluton 2 mg/0,5mg de laboratorio Bayer
-Reandron 1000 mg/ 4ml de laboratorios Bauer
-Testex Prolongatum 250 mg

Sen que lles dean ningún tipo de explicación e con versións contraditorias, estes medicamentos han desparecido das farmacias. Temen que poida ocorrer o mesmo que ocorreu co Reandron, un medicamento que utilizaban os homes transexuais para hormonarse, que hai dous anos deixou de estar á venda e nunca volveu.

O máis grave de todo isto é que os médicos, atados de pés e mans, están a mandarlles tratamentos alternativos que fai menos dun ano desaconsellában tomar. As persoas reasignadas no seu sexo non poden tomar as alternativas que lles están dando, porque un dos compostos que leva non poden tomalo.

Por todo iso, esixen que o Ministerio de Sanidade interveña para garantir o seu dereito á saúde. Queren unha solución e que lles devolvan a medicación que moitos do colectivo transexual e intersexual necesitan para vivir.

Comezouse unha recollida de sinaturas na plataforma change.org

Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS