O aceite de palma encobre violacións de dereitos humanos

Ingredientes que proceden do traballo infantil, do traballo forzado e das violacións de dereitos humanos que se producen nas plantacións de palma que o xigante Wilmar e os seus provedores posúen en Indonesia, o maior produtor mundial de aceite de palma.
Menor transportando unha carretilla chea de pesados racimos de froita de palma © Amnesty International / WatchDoc

Colgate-Palmolive, Kellogg’s, Nestlé, Reckitt Benckiser, Procter & Gamble e Unilever venden produtos de alimentación e cosméticos que conteñen aceite de palma e derivados. Ingredientes que proceden do traballo infantil, do traballo forzado e das violacións de dereitos humanos que se producen nas plantacións de palma que o xigante Wilmar e os seus provedores posúen en Indonesia, o maior produtor mundial de aceite de palma.

Estas empresas aseguran que non toleran abusos laborais nas súas cadeas de subministración de aceite de palma. E Colgate, Nestlé e Unilever aseguran aos seus consumidores que os seus produtos utilizan “aceite de palma sustentable”. Wilmar, á súa vez, afirma que o traballo infantil non existe nas súas plantacións

Con todo, as plantacións de palma de Wilmar encobren violacións de dereitos humanos.

“Non vou á escola. Levo o saco coa froita, pero só podo levar a metade. Doenme as mans e o meu corpo.” “A compañía está contenta se traemos aos nosos fillos porque eles poden recoller a froita caída”
Fillo e pai traballadores en plantacións de aceite de palma en Indonesia

Nelas traballan nenos de 8 a 15 anos que son obrigados a cargar con sacos de palma de entre 12 e 25 quilos. As medidas de seguridade nas que traballan as persoas brillan pola súa ausencia e fixeron que moitos e moitas traballadoras teñan graves lesións por usar produtos químicos extremadamente tóxicos. “Díxenlle ao xefe que cando utilizo a pesticida sinto mal. Desde o ano pasado maréome e vomito. O médico da empresa díxome que era falta de exercicio e o xefe que seguise traballando. Cada vez estou peor, dóeme o estómago e cústame comer”.

“Á súa vez, as mulleres non teñen seguro médico nin pensións e gañan, nalgúns casos, menos de tres dólares ao día. ¿Cando traballamos por unha ou dúas horas, deberían pagarnos? Non sabemos nada, só somos traballadoras” pregunta unha traballadora á investigadora de Amnistía Internacional.

Colgate-Palmolive, Kellogg’s, Nestlé, Reckitt Benckiser, Procter & Gamble e Unilever pechan os ollos ante as violacións que se producen nas plantacións de Wilmar e benefícianse das mesmas.

É hora de que asuman a súa responsabilidade, asegúrense que o aceite de palma que utilizan estea libre de abusos de dereitos humanos e esixan a Wilmar pór fin ao abuso dos dereitos das persoas que traballan nas súas plantacións.

Asina!

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS