Novo ataque á liberdade de expresión, o colectivo La Insurgencia citados na Audiencia Nacional

Unha vez máis queda demostrado que neste Estado non hai liberdade de expresión se te opós a este réxime de opresión e terror.
Captura videoclip de Saúl Zaitsev, veciño de Vigo e membro do colectivo

O martes 8 de novembro, a policía nacional abordou nas súas respectivas cidades a cada un dos 13 músicos pertencentes ao colectivo musical La Insurgencia, roubándolles todo dispositivo electrónico que portasen encima e citándoos para o día 17 de novembro ás 10:30 horas na Audiencia Nacional de Madrid para declarar en calidade de investigados por presuntos delitos de enaltecemento do terrorismo, de incitación ao odio, de asociación ilícita e contra as institucións do Estado.

Queda claro que este é un proceso contra o colectivo en xeral, pois os 13 denunciados son a totalidade dos integrantes do colectivo residentes en España, agás dun menor de idade.

Nese mesmo día tamén se produciu a detención de 15 membros de Bukaneros, ademais de cinco independentistas por supostamente queimar unha imaxe do rei.
Este novo caso de represión a artistas sumase a de Valtónyc, rapero mallorquino ao que a fiscalía pide tres anos de cárcere por inxurias á Coroa; ao de Volk GZ de Tinta Rebelde, denunciado pola presidenta de Galicia Bilingüe por falsas ameazas; ao de Pablo Hasel e Cíniko, denunciados polo seu alcalde tamén por ameazas inexistentes; ao de Adam, músico de Lleida cun proceso pendente por non apenarse da morte dun Mosso D’esquadra; ao de Ayax e Prok, denunciados por sacar nun videoclip imaxes dun policía; ao dos titiriteros de Madrid, detidos e acusados de enaltecemento do terrorismo por unha obra satírica; e en definitiva a unha infinidade de casos parecidos de músicos aos que se lles piden anos de prisión por iso que eles chaman enaltecemento e incitación ao odio.

Unha vez máis queda demostrado que neste Estado non hai liberdade de expresión se te opós a este réxime de opresión e terror. Unha vez máis 13 músicos poderán entrar en prisión por facer cancións denunciando precisamente as inxustizas que se cometen neste país.

La Insurgencia non soamente é un colectivo de músicos que fan cancións reivindicativas, senón que o integran artistas que sempre mostraron a súa solidariedade activa con todos os presos políticos do estado español, por iso tamén queren reprimir a este grupo no seu conxunto, como xa se viu noutros casos de represión a persoas cuxo único delito é mostrar o seu apoio aos represaliados e presos políticos.

Ante este atropelo, máis notorio esta vez se cabe debido ao elevado número de músicos implicados (13 en total), queremos facer un chamamento a todos os solidarios que lean este comunicado á difusión e apoio activo co noso caso e os dos compañeiros anteriormente citados deste caso de brutal represión ao noso colectivo musical, e a esixir a nosa inmediata absolución.

O apoio activo do que falamos só se entende desde a unidade de todos os antifascistas, dos activistas, traballadores, estudantes de todo o Estado, necesitamos a solidariedade de todos, que se sitúen ao lado dos solidarios, de quen levan desde sempre denunciando a represión deste réxime como é o caso dos integrantes da Insurxencia, e por iso convidamos a todo colectivo popular a adherirse e difundir este manifesto, e pedimos a calor de todos aqueles que poidan estar o xoves 17 de novembro ás 10:30H no xulgado de instrución nº3 da Audiencia Nacional da rúa García Gutiérrez nº1 (Madrid), para mostrar o seu apoio e solidariedade cos músicos da Insurxencia.

Dicir ademais, por se cabía algunha dúbida, que despois disto non nos van a calar, ao contrario, vainos a reafirmar e responderemos con moito máis. Non deixaremos de facer música polo seu intento de intimidación, senón que seguiremos facéndoa e con máis motivos se cabe.

Ante a súa represión, a nosa solidariedade! Fagamos realidade consígnaa de “se tocan a un, tócannos a todos”!

AMNISTÍA TOTAL! ABSOLUCIÓN a LA INSURGENCIA!

La Insurgencia

Categorías
CulturaDereitos Sociais

RELACIONADAS