Morrer por informarnos: 93 xornalistas foron asasinadas no 2016

Noventa e tres xornalistas e profesionais dos medios de comunicación morreron ou foron asasinadas mentres desempeñaban o seu traballo en 2016.

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) rexistrou, até o 29 de decembro, 93 xornalistas ou colaboradoras dos medios de comunicación asasinadas, vítimas de ataques con bombas ou de lume cruzado.

Segundo o informe, tamén houbo 29 mortes en dous accidentes de aviación, en Colombia e Rusia. Se se combinan ambos os datos, o total de mortes é 122.

América Latina, con 24 mortes, é a terceira rexión en número de vítimas. A primeira é o mundo árabe e Oriente Medio, con 30 homicidios, seguido de Asia e o Pacífico, con 28 mortos. África tivo 8 mortes de xornalistas e Europa 3, explicou a Federación, que conta con 600.000 colaboradoras en 140 países.

Os países con cifras de mortes e asasinatos máis elevadas foron Iraq (15), Afganistán (13), México (11), Iemen (8), Guatemala (6), Siria (6), A India (5) e Paquistán (5).

Resultado de imagen de sociedad interamericana de prensa

Aínda que as cifras para 2016 representan unha caída respecto das 112 xornalistas mortas en 2015, a FIP advertiu de “unha certa compracencia” ante “as crecentes ameazas, as intimidacións e a autocensura”.

“Non debe haber impunidade para eses crimes”, declarou o presidente da FIP, o xornalista belga Philippe Leruth, citado no comunicado.

A FIP só contabiliza as mortes confirmadas e non as desaparicións.

fonte: hispantv

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS