Mobilizacións en contra dos cortes de luz nas cidades galegas

Centos de persoas saíron este mércores ás rúas das cidades galegas para berrar ben alto "basta xa á pobreza enerxética".
Imaxe: Xuventude Comunista, Compostela

Baixo o lema ‘A pobreza enerxética mata’, centos de galegas/os secundaron a convocatoria de movementos e organizacións sociais para loitar contra a pobreza enerxética e as súas consecuencias.

Vigo

As entidades convocantes denuncian que a pobreza enerxética, que en Galiza afecta a entre 65 mil e 110 mil fogares, está provocada por un entramando político-legal que na última década beneficiou ás grandes compañías eléctricas españolas, que nos últimos anos sumaron máis de 58.000 millóns de euros de beneficios “a costa de vulnerar un dereito fundamental das persoas, o acceso a un ben esencial como é a electricidade”.

A Coruña

Demandan que se prohiban legalmente os cortes de luz ás familias con problemas económicos, que se poña fin “aos abusos tarifarios” co “establecemento de prezos alcanzables e accesibles regulados polo Goberno”, que se cree unha nova tarifa social de carácter reducido asumida polas eléctricas, que as grandes compañías eléctricas devolvan “os 3.500 millóns de euros cobrados indebidamente”, que se promova unha “exhaustiva auditoria ao sistema eléctrico” e “unha profunda reforma do tratamento fiscal mediante a aplicación do IVE superreducido, 4%, en tanto se trata dun ben esencial e básico para a cidadanía”.

Compostela

Ferrol

Fontes: Twitter e praza.gal

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS