Millennium Riders – Comportamentos de Risco – BMX Vigo


Cada día ollamos máis mozos e mozas de Vigo e a contorna que quedan para practicar un deporte que na cidade arrasa...

Cada día ollamos máis mozos e mozas de Vigo e a contorna que quedan para practicar un deporte que na cidade arrasa, a fin de contas é O’Marisquiño o evento que máis xente achega a cidade ao longo do ano.

Entre esa xuventude entregada ó mundo da bici están os “Millennium Riders”, grupo de moz@s no que destaca o seu compañerismo. Pana Esteban, Diego Fidi e Huben xa teñen competido no Marisquiño enriba da súa BMX. Ruben Covelo pegalle o dual, e Maria e Emilio Docampo están comenzando nun deporte no que teñen longo percorrido pola súa forma física e idade.

Malia a todo as instalacións das que dispoñen ata agora son escasas: aparte do skatepark do Castro, algún bowl en Samil e outro máis pequeno en Teis, non teñen moitos sitios onde entrenar. A próxima apertura das instalacións de Navia poderia ser unha oportunidade para a xuventude de Vigo.

Agardamos que en canto antes as instalacións fiquen rematadas e sexan unha realidade.

De esquerda a dereita, Pana Esteban, Rubén Covelo, Huben, Diego Fidi

 

Ernesto Ilkermn  e   Anxo Ramos

Categorías
Acontece

RELACIONADAS