Matilde Teresa, Primeira Vítima da noxenta violencia machista no 2017

O asasino tiña unha orde de afastamento por mor dunha denuncia previa da falecida.
© Ernesto Ilkermn

Matilde Teresa de 40 anos que faleceu hoxe en Madrid tras ser apuñalada onte pola súa parella, que foi detida, converteuse na primeira vítima mortal por violencia machista de 2017.

A falecida e o asasino convivian nunha vivenda da localidade madrileña de Rivas Vaciamadrid.

A vítima, Matilde Teresa, foi atopada pola Policía con numerosas feridas producidas por unha arma branca. A pesar de que foi trasladada de urxencia ao hospital Gregorio Marañón de Madrid, faleceu durante a madrugada do primeiro día do ano 2017.

Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS