Masiva marcha en Compostela a prol dun galego sen límites


A marcha comezou desde a Praza da Alameda a partir das 12.15 horas con miles de achegados desde puntos de todo o país a corearen a palabra de orde "Na Galiza, en galego".
Imaxe: Galiza Nova

A xente nunca falla ás convocatorias de Queremos Galego. Miles marcharon polas rúas de Compostela baixo o lema xenérico de “En Galego, sen límites”. “O galego non está ben, pero estará vivo mentres haxa un pobo que o defenda”, dixo Marcos Maceira no discurso de clausura do acto nun Quintana chea

A marcha comezou desde a Praza da Alameda a partir das 12.15 horas con miles de achegados desde puntos de todo o país a corearen a palabra de orde “Na Galiza, en galego”.

Nunha breve intervención perante os meios antes de comezar a manifestación, Marcos Maceira advogou por unha mudanza radical da política lingüística no país. Puxo como exemplo dos atrancos que sofren as e os galego falantes problemas tan cotiás como “non poderen abrir unha conta corrente en galego”. Denunciou aínda que o galego ten cada vez menos “presenza” no ensino.

Fonte: Sermos Galiza

Categorías
Cultura

RELACIONADAS