Martes 20, Concentracións en repulsa dos asasinatos machistas no País

A marcha mundial das mulleres convoca concentracións en repulsa dos derradeiros asasinatos machistas.

A violencia machista golpea con forza en Galiza nas últimas horas, rematamos o ano con dous asasinatos de mulleres e coa brutalidade da violencia machista. O martes 20 ás 20h, seguindo o protocolo do feminismo galego saimos á rúa nas 7 cidades, porque queremos vivir sen violencia!

#bastadeviolencia #omachismomata #nenunhamenos#nenunhamais #querémonosvivas

A CORUÑA, Obelisco
COMPOSTELA, Praza 8 de Marzo
OURENSE, castañeira
PONTEVEDRA, audiencia provincial
LUGO, diante do concello
VIGO, MARCO
FERROL, diante do concello

 

Galicia rexistra case 500 denuncias por violencia machista ao mes

Este luns, mentres a indignación polos asasinatos de Ana María e Elena, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia facíase eco dos datos difundidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial a respecto da actividade dos xulgados que abordan a violencia de xénero. En tan só tres meses, de xullo a setembro deste ano, estes xulgados recibiron 1.431 denuncias, un incremento interanual do 6%, en procesos que atinxiron a case 1.350 mulleres.

Segundo o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, que procesa estes datos, a maior parte das denuncias por violencia machista recibidas nos xulgados galegos proceden de atestados policiais, máis do 65% do total. Nestes órganos xudiciais foron solicitadas 497 “ordes e medidas de protección” e delas foron aceptadas 348. Segundo os datos difundidos dende o TSXG o 81% dos axuizados en procesos por violencia sobre a muller acaban condenados, cinco puntos máis que no mesmo período do ano anterior.

Fonte: Marcha Mundial Mulleres GalizaPraza.gal

Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS