[#LuzParaTodas] Concentracións nas sedes de Gas natural-Fenosa

Foron convocadas para hoxe Sabado por Podemos ante as sedes principais de Gas Natural-Fenosa no estado.

Luns, Rosa, unha muller de 81 anos, morreu en Reus por causa dun incendio provocado por unha vela coa que se iluminaba porque facía dous meses Gas Natural ordenou cortarlle a luz por falta de pagamento. Desde esta concentración queremos enviar noso pésame aos seus familiares e amizades, lamentamos profundamente unha morte que se podía evitar.

Non nos cansamos de denunciar, dos incumprimentos flagrantes da normativa por parte das compañías eléctricas e de gas e auga A sociedade Civil e diversas Asociacions realizamos accións de denuncia contra as eléctricas e esiximos moitas veces á Xunta e as Autoridades Locais que actúen de oficio, que inspeccionen estas compañías, e que non queden sentadas esperando que cheguen as denuncias.

Evitar os cortes de subministración e facer que se aplique o principio de precaución é o primeiro paso para afrontar a emerxencia, pero esiximos que seas as compañías as que se fagan cargo da débeda que se lle xera ás familias por non poden facer fronte ás facturas. Non ten ningún sentido que os concellos, continúen pagando con orzamentos municipais ,mientras as suministradoras fan negocio con os dereitos basicos.

Horarios das concentracións Sabado 19 nas principais cidades do país:

A Coruña – 12h Rúa Juan Florez, nº3 

Vigo – 12h Rúa Lopez Mora 80

Compostela –  19h na Carreira do Conde

 

 

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS