Laura Bugalho e Diego de Coia na palestra “Redes de apoio fronte a represión”

Diego e Laura falaron da importancia de construir loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das persoas que denuncian e traballan pola xustiza social
Laura e Diego na palestra

Antes das intervencións presentaron publicamente a curtametraxe “Moito Peixe Rompe a Rede” na que se resume o que foi a chamada “loita da Rotonda” e analizaron a situación actual e as causas que nos levaron ate aquí.

Na palestra contaron coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelana que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación.

Diego e Laura falaron da importancia de construir loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das persoas que denuncian e traballan pola xustiza social.

Esa xustiza social está a ser malvendida polas institucións públicas, como deixaron de manifesto cas actuacións que veñen facendo na Galiza. Así, unha empresa de Florentino Pérez é a que leva boa parte das axudas públicas destinadas polo Concello de Vigo ás persoas en situación de precariedade, pola vía da concesión.

Ao remate das súas intervencións interviron varias das e dos que asistiron ao acto, entre elas a avogada de Diego, Esther Lora Rodriguez, quen recordou o último do seu caso: malia que a fiscalía entende que non hai delito, a acusación particular do policía local que o acusa mantense ca única testemuña súa e doutro policía, estando á espera dunha sentenza, na que o policía pide uns 30.000 € de indemnización. A acusación que fai é dun delito de atentado só sustentada nas verbas dos dous axentes da local.

Diego non é a única víctima represaliada polo activismo fronte a imposición do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia. Xurxo, tamén presente entre o público, foi condenado a un ano de cárcere e a unha pena de multa que superaba os 1000 €.

MÁIS FOTOS  DO ACTO   

Categorías
Dereitos Sociais
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS