Inspección de traballo requírelle a Medio Rural a aplicación dos plans de acción

Os equipos de respiración de emerxencia para as brigadas e os sistemas de comunicación individual para @s traballadoras/es entre as medidas a adoptar

No pasado Mes de Marzo a CIG iniciou unha campaña a nivel nacional co obxectivo de acadar o cumprimento dos plans de acción pertencentes ó Plan de prevención de riscos para o SPDCIF.

Unha das accións que se desenrolaron nesta campaña foi a denuncia en Inspección de traballo das Xefaturas de Distrito e Xefatura provincial de incendios como responsábeis da non aplicación dos plan de acción , tal e como marcan os decretos de regulación e os propios plans de acción.

Lembramos que os plans de acción, pertencentes ó plan de prevención de riscos, son un documento participado e supervisado pola empresa, que recolle as medidas correctoras que se aplicarán no desenrolo das diferentes tarefas, neste caso todas pertencentes ós traballos de extinción. Nos mencionados plans, aparece o tempo para acometer as correccións e @s responsábeis de que isto aconteza. En función disto foron presentadas a s denuncias.

Pois ben, logo de denuncialo na prensa, notificalo á empresa por escrito en varias ocasións, así como ter informado ós diferentes comités que velan polo cumprimento, comezamos a ter os primeiros resultados, neste caso en Ourense, coa resolución de Inspección de traballo.

Así na denuncia , aparte de presentar como parte da denuncia o incumprimento xeneralizado dos plans de acción, tipificamos as faltas de maior gravidade sobre @s traballadoras/es do Spdcif.

Na resolución da denuncia presentada pola CIG, infórmase que se mantivo comparecencia co Xefe Provincial do Spdcif de Ourense, e que se lle fixo requirimento para que no prazo de dous meses se corrixa o seguinte:

  • Facilitar información sobre os plans de acción e as fichas f-01 ( que informan de como atenuar os perigos en cada acción analizada) ó persoal do Spdcif en Ourense.

  • Se corrixa a ausencia do almacenaxe de comida non perecedoira para as brigadas, protección das sustancias combustíbeis nos vehículos, equipos de respiración de emerxencia, sistemas de comunicación e formación en condución todo terreo.

Lembramos que nos plans de acción recolle a necesidade de que tód@l@s compoñentes das brigadas deben ter equipo de comunicación individual, así como equipos de respiración de emerxencia por unidade de actuación.

Dende a CIG valoran moi positivamente esta resolución e xa estamos vixías para que este apercibimento torne en feitos, e así dunha vez por todas, Medio Rural se tome en serio o cumprimento duns plans deseñados e pagados por eles mesmos, onde o seu incumprimento compromete a integridade física d@s seus traballadores/as

A central nacionalista non vai a parar ate acadar o cumprimento duns plans, que aínda que son moi mellorábeis, son de obrigado – e imprescindíbel – cumprimento.

Categorías
Ecoloxía

RELACIONADAS