Iníciase o peche indefinido no Concello de Cee contra a venda das centrais

Os/as traballadores/as chaman á cidadanía da comarca a participar nas concentracións que se realizarán a diario entre as 18:30 e 19:30 horas

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de Ferroatlántica e representantes sindicais anunciaban o inicio dun peche indefinido no Concello de Cee. Unha acción que estará acompañada de concentracións diarias entre as 18:30 e as 19:30 horas e coa que se pretende por unha banda esixir ao Presidente da Xunta que reciba á representación social e doutra demostrar á empresa o rexeitamento unánime da comarca á venda das centrais hidroeléctricas.

Con esta nova acción reivindicativa, os traballadores e traballadoras queren demandar ao Presidente da Xunta que atenda “dunha vez” a solicitude reunión cursada polo Comité e cumpra coa legalidade vixente desautorizando a segregación das actividades enerxéticas e de ferroaleacións e, polo tanto, impedindo a venda das centrais hidroeléctricas.

Fonte: CIG

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS