Galiza sae a rúa para eliminar a violencia contra as Mulleres

Convocaronse Manifestacións e concentracións en contra da violencia machista nas principais cidades e vilas do país.

Vigo. 25 Nov.

O #25N foi tamén un black friday. Un venres de difuntas. Polas que xa non poden estar cas que sairon ás rúas da cidade a reclamar o fin da violencia contra todas as mulleres. Arredor dun milleiro de persoas apoiaron a reivindicación da igualdade de xénero; do fin da violencia machista; da loita feminista; da recuperación da memoria das asasinadas polo machismo e o fascismo; do dereito a vivir en paz. De todas.

Ao remate da concentración leronse varias poesías entre unha gran emoción na peatonal de #Vigo. Pois moitas das que alí estaban sabían por experiencia propia do que se falaba. Sobrevivir ao malos tratos, superar unha crise de parella, ou simplemente poder ir pola rúa sen medo é algo que poucas poden facer a día de hoxe.

Cómpre que todas e todos estemos non só no día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, senón cada día, na loita continua por un mundo máis xusto, no que nin a relixión nin o estado impoñan normas que discriminan, que crean sociedades machistas, patriarcales e que derivan en mortas.

A manifestación contou co apoio da totalidade dos partidos políticos da esquerda, sindicatos, movementos sociáis, e sobre todo moita xente que recordou nun black friday a negrura da violencia de xénero.

Vídeo de Roberto Solano

Categorías
Xéneros e Sexualidades
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS