Galiza non veta ás gasolineiras pantasma

O veto parcial ou total ás denominadas gasolineiras pantasma ou desatendidas (sen empregados) esténdese por o estado como unha mancha de aceite a pesar das advertencias da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

Só Galiza, A Rioxa e Cataluña libranse do veto as estacións de servizos sen empregados, prohibidas xa en Andalucía, Aragón, Baleares, Castela-A Mancha, Valencia, Murcia e Navarra e outras sete incluindo Madrid anunciaron que o farán.

Castela e León e País Vasco (en outubro) e Canarias (a principios de mes) foron as últimas rexións en anunciar normativas para prohibir esta fórmula ou restrinxila, permitindo só a ausencia de persoal polas noites. Fixérono despois de que en agosto o superregulador publicase un informe moi duro coas trabas das Comunidades Autónomas a un modelo de negocio que, en opinión de Competencia, pode ser disruptivo para o mercado de distribución de carburantes e beneficiar aos consumidores.

A CNMC subliñou que en Europa as estacións de servizo sen persoal son “un formato habitual” en numerosos mercados que non orixinou “maiores riscos para a seguridade do usuario e si reportou beneficios” en forma de caídas de prezos. En Suecia, estas estacións supoñen o 60% do mercado; en Dinamarca, o 65%; en Bélxica aproxímanse ao 20% e en Holanda ao 23%.

Pero no estado español (onde non chegan ao 5%) o formato atopouse cunha fronte común de sindicatos, empresas do sector e algunhas asociacións de consumidores, que advirten do risco sobre a seguridade, os dereitos dos usuarios e o emprego. A presión deu resultado e o veto ás gasolineiras sen empregados (se se ten en conta ás rexións que prevén prohibilas ou restrinxilas) alcanza ao 87% do territorio nacional e ao 77% da poboación e do mercado, segundo estimacións a partir dos datos do INE e as estatísticas de consumo de carburantes de automoción de Cores.

Competencia non recorreu as normativas autonómicas que xa están en vigor aínda que nalgúns casos (cando se trata de normas inferiores a leis, como decretos) ten a potestade de facelo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional se considera que vulneran a unidade de mercado.

40.000 empregos en perigo

No estado español hai unhas 10.000 estacións de servizo que empregan a 60.000 persoas. Manuel Lozano, da Federación de Industria de UXT, subliña que 40.000 deses empregos están en perigo pola proliferación deste formato, alentado por unha lei estatal de 2013 (a de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego) que axilizou a apertura de estacións de servizo en centros comerciais, ITV e polígonos industriais.

A Asociación Nacional de Estacións de Servizo Automáticas (AESAE), constituída hai un ano e que na súa web di agrupar en torno ao 50% deste mercado, asegura que existen unhas 300 gasolineiras deste tipo en España, que supoñen menos do 5% do total. A esta asociación pertencen, entre outras, a insignia de orixe francesa Ballenoil, valenciana GasExpress ou a catalá PetroPrix.

A patronal das petroleiras é a Asociación de Operadores Petrolíferos (AOP), que non se pronunciou sobre este asunto, quizais porque algúns dos seus asociados probaron este formato como experiencia piloto.

A primeira petroleira, Repsol, opera dúas gasolineiras sen empregados en Cataluña, aínda que o seu modelo de negocio é totalmente contrario (agora as súas estacións de servizo permiten mesmo recoller paquetes de Correos). Repsol ten máis de 3.500 estacións de servizo en España, incluíndo as dos seus abanderados (que pertencen a terceiros), que empregan a unhas 20.000 persoas.

No lado empresarial, a voz cantante do rexeitamento están a levala outras organizacións, como a Confederación Española de Estacións de Servizo (CEEES). O seu presidente, Jorge de Benito, saudou o nomeamento do novo ministro Alberto Nadal con esta petición: “Estou convencido de que o novo titular de Enerxía comprometerase co mantemento da rede española de estacións de servizo, da que dependen de maneira directa máis de 60.000 postos de traballo”.

Fonte:  

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS