Fronte á obsolescencia programada: #Alargascencia

Fermosa e útil iniciativa de Amigos da Terra fronte á obsolescencia e a problemática do consumo/contaminación.

Alargascencia é un directorio de establecementos nos que podes reparar obxectos, alugar, facer troco e atopar ou vender produtos de segunda man. Facilita a procura daqueles pequenos comercios, cooperativas e outro tipo de iniciativas, próximos á túa casa onde podes atopar todos estes servizos.

Captura de pantalla alargascencia.org

Captura de pantalla alargascencia.org

Somos conscientes de que cada vez os produtos son menos duradeiros e máis difíciles de reparar e reutilizar. Tamén sabemos que o sistema actual promove esta realidade e consideramos que a cidadanía é a máis prexudicada. Queremos dar a volta a esta situación, coñecida como obsolescencia programada, poñendo en marcha esta ferramenta colaborativa.

A obsolescencia acurta a vida útil dos produtos. Esta web propón opcións para alongala e así reducir o consumo de recursos naturais.

A inxente produción de residuos e o despilfarro de recursos en vertedoiros e incineradoras teñen solución: reducir, reutilizar e reciclar. A reciclaxe é unha excelente opción cando un produto perdeu a súa utilidade e non se pode aplicar ningunha das opcións previas: a redución ou a preparación para a reutilización.

Alargascencia é unha iniciativa de Amigos da Terra

 

Categorías
Ecoloxía

RELACIONADAS