Feijóo sóbese o soldo un 7,5% para 2017 fronte ao aumento do paro no país

Galiza, cun total de 203.543 desempregados, é a segunda comunidade na que máis subiu o paro en novembro, con 4.614 desempregados máis. Mentres tanto, o Presidente da Xunta de...
Imaxe: PP Galicia, Flickr

Galiza, cun total de 203.543 desempregados, é a segunda comunidade na que máis subiu o paro en novembro, con 4.614 desempregados máis. Mentres tanto, o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, permítese o luxo de subirse o soldo un 7,5% para o 2017.

Por outra banda, o dez conselleiros que integran o seu Goberno tamén incrementarán en algo máis dun 7% as súas nóminas, de modo que o custo total do Executivo autonómico superará os 700.000 euros.

Así figura no proxecto de orzamentos que o titular de Facenda, Valeriano Martínez, entregou este sábado no Parlamento de Galiza, para iniciar a súa tramitación na Cámara, segundo recolle Europa Press.

Desta forma, o soldo de Alberto Núñez Feijóo subirá o ano que vén a case 73.000 euros. A subida supón un 7,5% máis que os 67.500 euros que cobra en 2016.

Fonte: eldiario.es

Categorías
Política

RELACIONADAS