Finou Fidel Castro, líder da Revolución Cubana, aos 90 anos

O líder da Revolución Cubana, Fidel Castro, faleceu á idade de 90 anos, informa AFP citando ao presidente de Cuba, Raúl Castro.

Raúl Castro anunciou que o seu irmán será incinerado nas primeiras horas do sábado 26.

“O líder histórico da Revolución Cubana faleceu na noite do venres, 25 de novembro, ás 22:29 horas, e os seus restos serán cremados, atendendo a súa vontade expresa”, este sábado, declarou Raúl Castro.

O 31 de xullo de 2006 Fidel Castro traspasou o poder do Consello de Estado e do Consello de Ministros ao seu irmán, Raúl Castro.

Fidel Alejandro Castro Ruz, nacido en 1926, foi un revolucionario e político cubano máis coñecido polo seu liderado da Revolución Cubana contra o ditador Fulgencio Batista. Fidel Castro gobernou Cuba como primeiro ministro e presidente desde 1959 até 2008. En 2006 anunciou a súa retirada do poder. En 2008 a Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba elixiu o seu irmán menor Raúl Castro como o 23.er presidente do país.

Fidel Castro encabezou durante décadas a República de Cuba, primeiro como primeiro ministro e logo como presidente do Consello de Estado e de Ministros. Sendo un adaíl da cada vez máis sólida independencia cubana, Castro organizou a resistencia do país insular ás agresións externas e levouno á cabeceira do Movemento de Países Non Aliñados.

Viaxe a Galiza de Fidel Castro (Abril 2016):

ata sempre comandante !!!

RP

 

Categorías
Acontece

RELACIONADAS