Faladoiro: O povo é quem mais ordena! Loitas veciñais na defensa do común

Dámoslle difusión a esta actividade que a Asemblea Aberta de Coia organiza en Compostela.

Con este coloquio queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.Para abordar todo isto e moito máis contaremos con persoas que participaron en diferentes loitas veciñais para contarnos a súa experiencia e xerar sinerxias na defensa do que é de todas. Será o xoves 15 de decembro ás 20:00 no Espazo Matadoiro Compostela (Praza do Matadoiro, s/n) e partillarán xornada connosco baixo o título “O povo é quem mais ordena! Loitas veciñais na defensa do común”:

– Asemblea Aberta de Coia (Vigo)

– Plataforma “Defender o público, a Casa da Xuventude é nosa“ (Compostela)

– Plataforma de Galeras (Compostela)

– Elviña non se vende (Coruña)

– Coordinación de loitas Baladre

Tamén proxectarase a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma > https://www.youtube.com/watch?v=ISy2Ezu68w0

Esta actividade organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña “Quérennos soas, terannos en común”, dirixida a aglutinar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. Vai enlace co manifesto e campaña de apoio: https://diegoabsolucion.wordpress.com/2016/12/03/first-blog-post/

ODS Coia

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS