Expulsado do centro de menores de Vigo un adolescente que denunciou supostos malos tratos

O centro de menores investigado ven de expulsar a un dos adolescentes que denunciou supostos malos tratos no "Hogar San José de Vigo"
"Hogar San José" Imaxe: Google Maps

Segundo contou o propio menor ao diario Público, a dirección do centro informoulle de que o motivo da expulsión era precisamente o aparecer na gravación xunto a outros nenos, contando como as monxas e os educadores golpeábanos, insultaban, humillaban e vexaban de maneira continuada e desde hai anos.

A expulsión produciuse xusto ao día seguinte de que o vídeo fora o protagonista dun coñecido programa matinal dunha cadea estatal de televisión.

Foi citado pola Consellería un día despois, o mércores da semana pasada, na que relatou o que lle dixeron as monxas: “que o botaban por aparecer no vídeo contando o que nos fan”.

O adolescente, que ten 16 anos, non regresou desde entón ao centro. “Dixéronme que estaba expulsado”, insistiu.

 

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS