Escomezou a folga en GESTAMP que podería parar a produción de PSA Vigo

Primeiro día de folga na auxiliar do automóbil GESTAMP (O Porriño) para combater 3 despedimentos.

Non hai precedentes dunha folga nesta fábrica, se a empresa non negocia en dous días podería parar a cadea de Citroën. Sen os eixos ou os capós non poden seguir montándose coches. Exisen a readmisión de tres traballadores despedidos.

Integrantes do cadro de persoal da planta fixeron pública a súa mobilización concentrándose no exterior da fábrica este luns pola mañá cunha pancarta na que se leía “Non á represión en Gestamp Vigo’.

O Seguimento da folga foi total nos talleres.

O Comité composto por CIG, CC OO, CUT e UGT, propuxo a folga e foi amplamente referendada. A primeira semana será un paro de 4 horas, a segunda de 6 horas. Pero se isto non se amaña na terceira semana a folga será indefinida na totalidade do horario. A resposta da plantilla (menos nas oficinas, claro) está a ser maioritaria.

A empresa semella que xa deu un paso atrás.

Produciuse a primeira readmisión. Dos catro despedimentos iniciais a empresa readmitiu a un traballador debido á presión do conflito.

 

Fonte: Cut Galiza

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS