En liberdade provisional catro do sete detidos de Altsasu

A Audiencia Nacional considera que non existe risco de fuga no caso deste catro detidos. Outro tres novos seguen en prisión preventiva acusados de terrorismo por pelexarse con dous gardas civís en Altsasu.
Stéphane Etchegaray ‘Etxe’ ha sido recibido en el aeropuerto de Biarritz. (Bob EDME)

A Audiencia Nacional ha decidido a liberdade provisional con cargos para catro dos mozos até hoxe en prisión provisional pola pelexa de Altsasu (Navarra), segundo confirmaron a Diagonal desde a plataforma de pais de imputados nesta causa.

Segundo explican, o alto tribunal considerou que non  había risco de fuga no caso deste catro novos, que previsiblemente hoxe sairán das prisións de Alcalá de Henares e de Soto del Real. A decisión contradi a petición de Fiscalía, que apostaba pola continuidade da prisión preventiva para o sete imputados argumentado que a súa mocidade –todos teñen entre 19 e 24 anos– acentuaba o risco de fuga, a pesar de que todos eles, segundo explicaron a Diagonal os familiares, “pasaron toda a súa vida en Altsasu” e a maioría deles está agora estudando.

A causa de Altsasu enmárcase nunha pelexa que tivo lugar o 15 de outubro neste municipio, cando se celebraban as festas. Varios mozos da localidade tiveron un enfrontamento contra dous gardas civís de paisano e as súas parellas. A pesar que desde a Garda Civil acusouse os mozos de atentado á autoridade, tres días máis tarde a Coordinadora de Vítimas do Terrorismo (COVITE) denunciou os feitos ante a Audiencia Nacional como delitos de terrorismo e incitación ao odio. A causa, que nese momento se instruída na Audiencia Provincial de Navarra, á que acudiran a declarar de forma voluntaria todos os imputados, pasou á Audiencia Nacional.

Na actualidade hai once novos imputados, dous deles menores. Do nove restantes, tras a decisión de hoxe da Audiencia Nacional, tres deles seguirán en prisión preventiva.

Diagonal

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS