Dous homes detidos na Coruña acusados de senllos delitos de violencia de xénero

Dous homes, un de 49 anos e outro de 28, foron detidos na Coruña acusados de senllos delitos de violencia de xénero tras agredir as súas respectivas parellas e ser denunciados por terceiras persoas.

Un veciño de Os Mallos alertou as 17,30 horas do mércores cunha chamada ao 092 dun posible caso de violencia de xénero ao escoitar como unha muller pedía auxilio no seu edificio mantendo unha forte discusión cun home.

Os axentes presentáronse na vivenda tras localizala coa axuda da testemuña. A muller asegurou ser agredida pola súa parella con golpes , unha patada e ameazas de morte. A muller, non desexou asistencia médica nin formular denuncia, presentaba lesións no oído e na cara, foi trasladada á Casa do Mar para o seu recoñecemento médico.

A policía denunciou ao home ante o xulgado de garda de oficio por un posible delito de violencia de xénero.

No mesmo día, a policía recibiu unha chamada que lle informaba sobre outra posible agresión ocorrida ás 03.45 horas na rúa Socorro. Unha testemuña explicou aos axentes que presenciou a discusión dunha parella no interior dun pub. Segundo o seu relato, o home insultou e ameazou á muller ata que o porteiro expulsounos do local e, unha vez fóra, o home chegou a agredila e arroxala ao chan.

O presunto agresor, un home de 28 anos, foi detido e trasladado a dependencias xudiciais acusado dun delito de violencia de xénero.

 

Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS