Denuncian o uso de cepos, cadeas e cordas contra cabalos salvaxes na Galiza

Na páxina web da asociación Libera, rexístranse nun mapa interactivo as denuncias cidadás por avistamento de cabalos con cepos nas súas patas.
Autor: Joanjo Aguar Matoses

A asociación animalista Libera denunciou es Domingo que, desde o ano 2012, foron localizados en Galiza “medio milleiro de cabalos con artefactos inmovilizadores” como cepos, cadeas ou cordas.

Falamos dunha práctica ilegal tipificada como delito de malos tratos animais, a asociación animalista, afirmou que “polo momento” non houbo máis que unha condena a dúas persoas na provincia de Pontevedra.

Para loitar contra estas prácticas, Libera e a Foundation Franz Weber (FFW) lanzaron en 2012 a campaña `Sen pexas` que, mediante unha plataforma en Internet, permite achegar fotografías e vídeos de forma anónima. Desde o seu lanzamento documentáronse 151 casos e 513 animais “comprometidos por este contexto de crueldade”.

As entidades promotoras desta campaña afirmaron que as queixas cidadás son remitidas ás forzas de seguridade, a falta de identificación dos cabalos e as dificultades para dar cos responsables xeran un “cómodo clima de impunidade”.

Así mesmo, lembraron que no Parlamento de Galicia chegouse a aprobar unha iniciativa por unanimidade na que os grupos instaban á Xunta a tomar medidas especiais.

Lembran que en Galiza poderían haber até cinco veces máis equinos con cepos, polo que animan aos cidadáns a enviar as súas “informacións de crueldade cara aos cabalos” á páxina web da campaña.

www.senpexas.info

Categorías
Ecoloxía

RELACIONADAS