Condenan a PSA Peugeot Citroën por vulneración do dereito de folga

A sentenza refírese a a convocatoria de paros parciais nas diferentes quendas da planta automobilística por parte da CUT e a CIG.
Greve de traballadoras/es de PSA

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou un recurso de suplicación interposto pola CUT e por 18 traballadores da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, e condenou á multinacional a pagar 50.000 euros ao sindicato por vulneración do dereito de folga e liberdade sindical, así como a devolver aos empregados o diñeiro detraído nas xornadas en que exerceron ese dereito.

A sentenza refírese a a convocatoria de paros parciais nas diferentes quendas da planta automobilística por parte da CUT e a CIG, para o 5 maio de 2015 (e a madrugada do día seguinte), e que coincidiron coa visita do entón presidente do Grupo PSA, Carlos Tavares, á fábrica viguesa.

O Tribunal resolve á luz da xurisprudencia que a coñecida como esquirolaxe interna (a substitución de traballadores/as folguistas por outras traballadoras e traballadores da empresa que non seguen a convocatoria) está proscrita por mandato legal.

 

CUT

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS